Conservando o modo de vida tradicional da montaña

Esta palloza foi a casa da nosa familia durante xeracións.
Unha herdanza que loitamos por conservar, tamén como parte da memoria e do patrimonio cultural e etnográfico dos Ancares.

Visita a nosa palloza museo

A palloza

Unha vivenda da montaña

As casas tradicionais de Piornedo son as chamadas “pallozas”, porque teñen un característico teito de palla. A familia facía vida ao redor do lume da lareira, que ocupa o espazo central da casa e que daba calor nas noites máis frías do inverno.

A exposición

A vida en Piornedo

A palloza mantén a distribución orixinal de cando estaba habitada e ten unha exposición permanente das ferramentas e utensilios que a familia empregaba no seu día a día. Ferramentas que son testemuñas dun modo de vida.

Últimas novas do noso blog

Piornedo Anda - 22 decembro

Rutas etnográficas por Ancares. Duración estimada: 3 horas. Saída: 10 da mañá. Palloza Museo Casa do Sesto. Prezo: 10€/ persoa Contacto: 630411518 / 659523911 Recomendamos levar pantalón largo e botas de montaña. Podes atopar máis información sobre Piornedo Anda aquí.

Algúns retazos de historia

A idea de que esta sempre foi unha zona atrasada e illada aparece insistentemente en tódolos libros que van caendo nas nosas mans, nosoutros pensamos, en cambio, que este fenómeno é moderno e froito do progreso. A mediados do século pasado produciuse unha gran transformación socioeconómica, construíronse moitas carreteiras, a...

Vivir en Piornedo

Piornedo é unha aldea de alta montaña (preto de 1200 m. de altitude) que está situada na falda dun dos montes mais emblemáticos da Serra de Ancares: o Mustallar. A aldea ten unha disposición nuclear, coas casas moi xuntas e as fincas arredor. Desta maneira, cando caen nevadas grandes estamos...

A nosa cerámica

Amasar e traballar o barro fai posible apalpar as ideas, os soños… despois a maxia do lume encárgase de facelos eternos.

Fuco

Cerámica Palloza Museo Piornedo
Exposición e venda

Cerámica artesanal

Un dos cortellos da palloza museo esconde unha pequena tenda de pezas de cerámica feitas por nós de xeito totalmente artesanal.

Descubre o noso entorno…

Natureza e Cultura nos Ancares
Natureza e cultura

Coñece Os Ancares

Os Ancares é un espazo natural cun bo grao de conservación e cunha importante riqueza etnográfica e cultural. Son varios os lugares que podes visitar no noso entorno para coñecer un pouco mellor a montaña e as súas tradicións.