galego español english

 

“Amasar e traballar o barro fai posible apalpar as ideas, os soños.......despois a maxia do lume encárgase de facelos eternos”.

Fuco

No museo temos unha pequena tenda de pezas de cerámica, feitas por Fuco con motivos relacionados coa comarca e as tradicións e, sobre todo, coas pallozas. É unha cerámica totalmente artesanal, pequenas pezas de arxila roxa ou negra, de porcelana e de gres combinadas con vidro reciclado que se cocen nun forno tipo “potito”.

Ademais das pezas que permanecen na exposición Fuco recibe encargos de pezas especiais para eventos (trofeos, agasallos...). Os encargos deben facerse con bastante antelación para deseñar e cocer as veces que faga falta.

Ver escolma de pezas feitas por Fuco

 

A exposición e venda da cerámica faise nun cortello da palloza- museo, como un servizo para os visitantes. O lugar resulta pequeno e incómodo (hai que agacharse...) pero quixemos respectar totalmente o espazo no que antes se gardaban os xatos.

Palloza-museo Casa do Sesto, Piornedo, Cervantes, Ancares, Lugo, Galiza, España