A barra
Ta
situada encima da corte das vacas, na barra guardábase
úa pouca palla pre darlle ó ganado cuando
había mutia neve (mentres nun se facía a
holga pro palleiro) ie encima durmía algúa
xente da casa en xergois de palla. Había familias
que nun durmían na barra senón nos trabeiros
ie, nese caso, metían a leña de cocer na
barra ou os colmos ia palla que quedaba cuando se valeiraba
o palleiro.
Os últimos anos que vivimos na casa puséronse
camas nos trabeiros de abaxo, cuando as familias xa eran
menos numerosas (as camas acupan mutio sitio).