galego español english

 
Orixe e historia
A casa como conxunto
A armazón
O interior da palloza

O ástrago

A alcoba

A porteleira

A corte das vacas

A cociña

Os cortellos

O tear

O forno

A barra

A barrela

O galego empregado nesta páxina é tal e como se fala en Piornedo

 

 

 

 

 

 

O armazón

Estas casas tan armadas de forma intelixente ie con certo grado de complexidade, tan pensads pre soportar bastante peso da neve que se acumula no teito durante o enverno. A maior parte das casas tein dous esteos, con pequenas diferencias na súa colocación ios palleiros un central.
A nosa casa ten un esteo principal ie outro mais pequeno na parte de arriba, ie entre os dous hai uas vigas atravesadas que soportan o caizo; o esteo principal nun ta colocado no mismo medio da casa senón algo desplazado pre deixarlle o sitio central á cociña; aparte dos esteos ten dúas tiseiras, úa ó lado do esteo principal ioutra mais abaxo.

As tiseiras ios esteos son os que soportan a maior parte do peso, tein tencima uas vigas que van polo pico da casa que se chaman: aiga (desde o caizo cara abaxo) ie cume (do caizo pra parte de arriba). Ademais, polo medio do teito atravesan outras vigas que se chaman tercias que valen pre repartir o peso lateral do teito. Desde o pico ó fondo da casa van os cangos, asentados encima da parede ie amarrados con pinos á aiga ou ó cume, colocados a úa distancia dun metro aproximadamente uis dos utros. Entre os cangos colócanse as ripias, que son estelas anchas (escachadas) colocadas raras, ie tamén amarradas con pinos ( nas ripias ie nos cangos é onde se ata a palla do teito).

Convén destacar que na armación das casas sempre se usaban pinos de madeira de salgueiro pre amarrar úas madeiras ás outras: facíase úa fura nas dúas madeiras que se foran unir cun trado grande ie metíase un pau gordo, ben atalado, que atravesaba ua delas ie chantábase na outra. Nos últimos tempos a xente tiña clavos de ferreiro ie tamén puntas pero seguía poñendo pinos, desta forma cuando tira a madeira cos cambios de temperatura ou de humedá tiran toda por un igual ie nun escacha.

Palloza-museo Casa do Sesto, Piornedo, Cervantes, Ancares, Lugo, Galiza, España