galego español english

 
Orixe e historia
A casa como conxunto
A armazón
O interior da palloza

O ástrago

A alcoba

A porteleira

A corte das vacas

A cociña

Os cortellos

O tear

O forno

A barra

A barrela

O galego empregado nesta páxina é tal e como se fala en Piornedo

O ástrago

Namais entrar na casa atopámonos nun corredor ancho ie largo, o ástrago , que corta a casa en dúas mitades ias súas utilidades son múltiples: é onde se traballaba a madeira, onde se facían as galochas ios cestos no enverno, onde se amasaba o pan, onde se muxían as vacas ie ademais dáballe amplitú á cociña pre cuando había mutia xente ou cuando se facía baile...
Hoi temos no ástrago o banco de carpentar ía ferramenta de carpinteiro, ferramentas de teitador , o burro de facer as galochas ía ferramenta de galocheiro, os peselbes pre botarlles de comer ás vacas mentres se muxen, a artesa, a mesa das festas, o cunqueiro, pasmois, maseiros pequenos, o carreto dos nenos... procurando que se vexan os ferramentos pero respetando o sitio no que se usaban orixinalmente.

Palloza-museo Casa do Sesto, Piornedo, Cervantes, Ancares, Lugo, Galiza, España