galego español english

 
Orixe e historia
A casa como conxunto
A armazón
O interior da palloza

O ástrago

A alcoba

A porteleira

A corte das vacas

A cociña

Os cortellos

O tear

O forno

A barra

A barrela

O galego empregado nesta páxina é tal e como se fala en Piornedo

 

A cociña

É a parte mais importante da casa, nela cociñábase, comíase, facíanse polavilas nas noites de enverno, cuntábanse cuentos ie líanse historias... orredor do lume sempre enceso, mentres as mulleres tecían, fiaban, etc.

Os escanos tan colocados orredor do lume, que arde nun furado feito no medio da estancia (por unha antiquísima tradición o lume nunca se apagaba senón que se acubillaba polas noites con cinza ie tapábase cúa cobertoira ie, se morría ívanse buscar brasas a outra casa cun galocho pre volvelo a prender).

Encima do lume tá a garmalleira da que se colgaba o pote, a pota ou a caldeira dos cochos. A garmalleira tá colgada dun pau que se chama guindastre ie vale pre sacar a comida do lume sin queimarse, porque anda sobre o seu eixe.

Encima da cociña ta o caízo, é un gran caxón de madeira ie varas que ten como misión principal protexer o teito de palla das moxenas do lume, tamén vale pre secar castañas, noces, etc. O caízo por debaxo ten uas varas pre secar a roupa (cuando alguén viña mollado do monte) ou afumar os chourizos...

Temos bastantes cacharros de cociña como: maseiros (pros corolos ie pros cachos), concas de madeira, paíllas de rabo largo ie tres pés, lacena, huchas, mazaderas, potas ie potes, a sella pra auga de beber (colocada no seu sitio de sempre: a trabela), o pelexo do viño, distintos tipos de candiles entre os que cabe destacar o ganzo...

Palloza-museo Casa do Sesto, Piornedo, Cervantes, Ancares, Lugo, Galiza, España