galego español english

 
Orixe e historia
A casa como conxunto
A armazón
O interior da palloza

O ástrago

A alcoba

A porteleira

A corte das vacas

A cociña

Os cortellos

O tear

O forno

A barra

A barrela

O galego empregado nesta páxina é tal e como se fala en Piornedo

 

 

 

 

A casa como conxunto

A palloza forma parte dun conxunto arquitectónico típico formado por varias construciois dedicadas a usos diferentes das que dispoñían practicamente todas as familias:

- O palleiro : de planta circular, cuberto de palla, utilizado pre guardar a herba, a palla, ia folla pras ovellas, tamén tiñan algúa corte.

- O horro: son de madeira, con cuberta de palla, planta cuadrada ie tan construídos sobre cuatro pes que acaban en tornarratos; o horro vale pre guardar a carne da matanza, o grau (tein uas tuñas de madeira grandes nos lados, con portas, que se enchían de gra hasta o pico), algua roupa ie, excepcionalmente, pre durmir.

- O cuarto: á ua obra máis moderna cas anteriores, de planta cuadrada, de pedra, cuberto de lousa, con cuadras no piso inferior mentres que o superior, sin divisiois , era utilizado pre durmir no vrau

- A aira: normalmente taba ó lado da porta do palleiro, podía tar empedrada ou de herba ie, neste caso, había que embuleirala pre mallar.

- O corral era o espacio situado en lado da porta da casa ie acostumbraba a tar no medio das outras construciois da casa. As casas ricas tiñan o corral io resto das propiedades rodeadas por úa parede alta ie ben feita ie tiñan portada pre entrar.

Palloza-museo Casa do Sesto, Piornedo, Cervantes, Ancares, Lugo, Galiza, España