galego español english

 
Orixe e historia
A casa como conxunto
A armazón
O interior da palloza

O ástrago

A alcoba

A porteleira

A corte das vacas

A cociña

Os cortellos

O tear

O forno

A barra

A barrela

O galego empregado nesta páxina é tal e como se fala en Piornedo

 

A corte das vacas

A corte das vacas. Cuando taban as vacas na corte había ua capa gorda de abono ie de estrume que chegaba hasta a mita da escaleira, a escaleira da corte nunca se limpaba ben, deixábase chea de abono pre que as vacas nun se mancaran cuando subían ou cuando baxaban. O ganado entraba sempre pola porta principal da casa, a portada do fondo namais se abría pre sacar o abono.
Agora na corte conservamos os peselbres das vacas ie aproveitamos esta dependencia para guardar ie mostrar as ferramentas de labrar a terra (antes guardábanse debaxo do horro): o arado romano, o arado de ferro (chamado de vertedera), os carros do pais, os xugos, as albardas dos cabalos, a coroza, a coladeira etc. Tamén temos ua vitrina na que se atopan pequenos obxetos ie libros que pertenceron á familia.

Palloza-museo Casa do Sesto, Piornedo, Cervantes, Ancares, Lugo, Galiza, España