galego español english

 
Orixe e historia
A casa como conxunto
A armazón
O interior da palloza

O ástrago

A alcoba

A porteleira

A corte das vacas

A cociña

Os cortellos

O tear

O forno

A barra

A barrela

O galego empregado nesta páxina é tal e como se fala en Piornedo

 

O forno

O forno de cocer o pan ten mutia capacidá (mais de 30 pais ie ua bola). O forno é de pedra de granito, con forma de bóveda ie encima da boca ten úas pedras en forma de campá que é onde morren as moxenas que salen de dentro co fumo, pre protexer a palla do teito.

O problema que ten é que pre roxalo fain falta un carro de leña, por eso se enfornaba nadamais ua vez ó mes pre cocer o pan (o pan de centeo dura mutio, ie odomais, se taba algo mafento por algún lado quitábaselle o cacho ie seguíase comendo o resto). Metíaselle ben leña dentro ie atizábaselle hasta que a pedra dos lados se poñía blanca, entonces sacábanse as brasas co rodal ie varríase co vasoiro chantado nun pau, deixábase as brasas nun pilo na porta pre que fizesen úa barreira de calor ie esí nun facía falta poñerlle porta (antes dicen que lle poñían úa porta de madeira con buleira nos lados pre que atalara ben.

Palloza-museo Casa do Sesto, Piornedo, Cervantes, Ancares, Lugo, Galiza, España