galego español english

 
Orixe e historia
A casa como conxunto
A armazón
O interior da palloza

O ástrago

A alcoba

A porteleira

A corte das vacas

A cociña

Os cortellos

O tear

O forno

A barra

A barrela

O galego empregado nesta páxina é tal e como se fala en Piornedo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Orixe e historia

As pallozas son a herencia máis directa das vivendas castrexas porque tan costruídas cos mismos materiales (parede de pedra, armación de madeira ie cuberta de palla) ie tein ua disposición interior similar a aquelas; poderíase dicir que representan a evolución das costruciois dos castros pois con respecto destas aumentou o tamaño ie mellorou a distribución interior; esta evolución debeu tar condicionada polo paso do tempo ie pola adaptación da vida ás condiciois climáticas da alta montaña.

É imposible precisar a época exacta da costrucción da casa esí cómo a do asentamento humano en Piornedo ie supoise que se irían facendo ampliaciois sucesivas das casas en distintas épocas asta chegaren ás dimensiois actuales; úa das referencias documentales mais antiguas do lugar é o Catastro do Marqués da Ensenada que as denomina pajazas ie menciona as que existían en Piornedo eili polo ano 1850, as personas que habitaban en cada úa delas ias súas dimensiois, que rondan as oito ou nove varas de frente por outro tanto de fondo.

O documento máis antiguo que temos da casa do Sesto é o testamento de Pedro Alonso en 1773 no que lle lega ó seu fillo Santiago Alonso o seu patrimonio (que heredara do seu padre ie abuelo), entre o que destaca úa casa de nove varas de frente por nove de fondo, que son aproximadamente as dimensiois actuales.

Tuvo habitada hasta 1970, do 1970 hasta o 1989 foi utilizada como corte pro ganado ie como dependencia auxiliar pros traballos agrícolas, pero mantuvose a súa distribución interior orixinal; polo ano 1989 costruímos úa corte moderna polo que a palloza perdeu esa funcionalidá orixinal.
En abril de 1989, dispois dun importante traballo de limpeza ie de organización dos distintos espacios, cun total respecto ó seu uso orixinal, abriuse ó público o museo con dous obxectivos fundamentales: por un lado que os visitantes pudesen conocer este tipo de vivendas ia forma de vida das familias nesta zona de alta montaña ie por outro que os ingresos das entradas serviran pre manter o inmoble.
No ano 2008 obtuvo o reconocemento da xunta de Galicia como colección visitable.

Características

As pallozas son costruciois circulares de pedra, con cuberta cónica de palla de centeo, adáptanse ás necesidades dos habitantes io medio dua forma totalmente harmónica, mantein úa temperatura interior costante (entre 15 e 18º), grazas á capa de medio metro de palla que recubre o teito, impermeable ie illante, tan distribuídas en función das necesidades ie construídas con materiales propios da zona.

A cuberta (teito) é de palla de centeo, a cal recibe o nombre de colmo desde que ta escollida ie preparada, cada ano débese teitar un cacho pre que o mantemento sea mais endoado ie que o deteioro sea progresivo ie nun empece a chover por toda a casa dafeito. Cumple ua función mui importante na conservación da casa o fumo da cociña, que se acumula na parte superior (non hai chiminea) ie vai salindo pouco a pouco por entre a palla: quítalle a humedá á palla, protexe a madeira da traza grazas a úa capa de sarrio que se vai pousando na madeira, nun deixa que os ratos aniden no teito...

As ferramentas que se expoin no museo son da casa, non se fizo un traballo de recompilación, en todas as casas había mutias ferramentas pros distintos traballos, pre garantizar a autosuficiencia ie pre manter ocupada a toda a xente da casa.

Actualmente é a única visitable que mantén a estructura interior sin modificaciois nin alteraciois. Convén aclarar que a distribucción das casas era mui parecida: a cociña no medio, a cote das vacas na parte de abaxo, cotellos, a alcoba...

En cuanto á denominación hoi chamamoslles pallozas pero é un nombre que veu dafora porque cuando deixaron de ser as nosas casas pasamos a chamarlles “a casa vella de fulano...”, parece un nombre mais entrañable pras costruciois que nos deron acubillo ie calor de fogar durante séculos.

Palloza-museo Casa do Sesto, Piornedo, Cervantes, Ancares, Lugo, Galiza, España