Conservando o modo de vida tradicional da montaña

Esta palloza foi a casa da nosa familia durante xeracións.
Unha herdanza que loitamos por conservar, tamén como parte da memoria e do patrimonio cultural e etnográfico dos Ancares.

Visita a nosa palloza museo

A palloza

Unha vivenda da montaña

As casas tradicionais de Piornedo son as chamadas “pallozas”, porque teñen un característico teito de palla. A familia facía vida ao redor do lume da lareira, que ocupa o espazo central da casa e que daba calor nas noites máis frías do inverno.

A exposición

A vida en Piornedo

A palloza mantén a distribución orixinal de cando estaba habitada e ten unha exposición permanente das ferramentas e utensilios que a familia empregaba no seu día a día. Ferramentas que son testemuñas dun modo de vida.

Últimas novas do noso blog

Piornedo ANDA - 27 XULLO

RUTA DA PENA DO CASTRO Rutas etnográficas guiadas por Ancares de man de guías locais, coas que se pretende poñer en valor o importante patrimonio paisaxístico e cultural que envolve o noso territorio. Duración estimada: 3:30 horas. Data: Domingo 27 de xullo Saída: 10 da mañá. Palloza Museo Casa do...

CONCERTO

Fisión Atlántica Ensemble O día 7 de xuño tivemos na palloza un concerto de música clásica incríble a cargo de “Fisión Atlántica Ensemble”, do que se vai editar un libro-disco. Podedes ver unha mostra nesta ligazón: https://youtube.com/watch?v=m0BXnAmVZJc&feature=shared

Piornedo Anda - 22 decembro

Rutas etnográficas por Ancares. Duración estimada: 3 horas. Saída: 10 da mañá. Palloza Museo Casa do Sesto. Prezo: 10€/ persoa Contacto: 630411518 / 659523911 Recomendamos levar pantalón largo e botas de montaña. Podes atopar máis información sobre Piornedo Anda aquí.

A nosa cerámica

Amasar e traballar o barro fai posible apalpar as ideas, os soños… despois a maxia do lume encárgase de facelos eternos.

Fuco

Cerámica Palloza Museo Piornedo
Exposición e venda

Cerámica artesanal

Un dos cortellos da palloza museo esconde unha pequena tenda de pezas de cerámica feitas por nós de xeito totalmente artesanal.

Descubre o noso entorno…

Natureza e Cultura nos Ancares
Natureza e cultura

Coñece Os Ancares

Os Ancares é un espazo natural cun bo grao de conservación e cunha importante riqueza etnográfica e cultural. Son varios os lugares que podes visitar no noso entorno para coñecer un pouco mellor a montaña e as súas tradicións.