Atópaste na casa dos nosos antepasados (na que me sinto orgullosa de ter nacido no ano 1.964 e de ter vivido os primeiros anos da miña visa). Hoxe, a nosa casa familiar, está convertida nun museo no que pretendemos amosar como era a vida neste tipo de vivendas, así como moitos dos utensilios empregados nos traballos cotiáns.
Todas as cousas e ferramentas que vas ver aquí, non son unha recompilación, senón que eran os utensilios que se podían atopar en calquera destas casas.
Deixamos de vivir na palloza no ano 1.970, pero hoxe aínda a seguimos utilizando para curar a matanza, para cocerlle a comida aos porcos, para gardar as pitas e tamén resulta ser un sitio ideal para organizar pequenas festas tradicionais.
Enorgullécenos poder amosar a nosa casa, así coma os costumes antigos que se están perdendo e parécenos interesante o coñecemento desta cultura porque seguramente os que nos precederon teñen moito que ensinarnos aínda.