Entrando, á dereita, atópase a alcoba. Nesta estancia durmía o matrimonio máis vello da casa. Nunha casa podían convivir ata 4 xeracións e ser máis de 20 persoas.
As colchas e outras teas que amosamos aquí están feitas no tear que veredes máis adiante e os materiais son lá, liño, algodón ou tiras de trapos.
O colchón é de palla de centeo (xergón). Atópanse tamén aquí os berces ou barrelos dos meniños, pois os avós tiñan unha gran responsabilidade no seu coidado e educación.