Percorrido pola Palloza Museo Casa do Sesto

A CORTE DAS VACAS

A corte das vacas

A corte das vacas (a cuadra), está un pouco diferente de como era cando se utilizaba, por mor do esterco, que tiña máis dun metro de grosor e cubría case toda a escaleira de acceso.

O gando entraba pola porta principal da palloza, a portada do fondo só se empregaba para sacar o esterco xa que normalmente este impedía que se puidese abrir.

Agora na corte conservamos os peselbres das vacas e aproveitamos esta dependencia para amosar as ferramentas de traballar a terra (antes gardábanse debaixo do hórreo).

Algunhas das ferramentas que se poden ver:

  • O arado romano
  • O arado de ferro (chamado vertedera)
  • Os carros. Aínda conservan un tipo de roda prerromana de dous radios.
  • As albardas dos cabalos
  • A caroza, un impermeables provisto de capa e capucha, dunha soa peza, feito de xunco e empregado para protexerse do frío e da choiva.
  • A coladeira, un banco con tres patas e uns regos na parte de arriba que serve para lavala roupa (facer a colada). Para isto empregábase cinza de carballo, que é un gran desinfectante e branquea de forma parecida á lixivia.
  • A luria, unha corda utilizada para atalo carrocargado de herba ou de palla (aluriar) e que está feita de cerdas de cabalo e de porco.
  • Os maseiros da enallada
  • Os acampaíños dos bois

Un percorrido pola Casa do Sesto