No interior da nosa palloza, ademais da distribución orixinal da casa, temos unha mostra con todas as ferramentas que pertenceron e foron empregadas pola familia que a habitaba. Aínda que agora están moi colocadas e parecen moitas, non hai ningún tipo de recompilación de pezas, son os utensilios do día a día.
As familias na montaña eran completamente autosuficientes, polo que nesta mostra pódense ver ferramentas de todo tipo, dende as máis comúns de traballar a terra, ata os teares para facer mantas e incluso unha frauga para traballar o ferro.
Nesta páxina web quixemos facer unha pequena visita virtual polas principais estancias da nosa palloza, parándonos nalgúns dos elementose utensilios máis característicos. Acompáñanos a percorrela!