Cerámica

“Amasar e traballar o barro fai posible apalpar as ideas, os soños... despois a maxia do lume encárgase de facelos eternos”

Fuco

Cerámica Palloza Museo Piornedo

Pezas cerámicas

Nun dos cortellos, onde antes estaban os xatos, temos unha pequena tenda de pezas de cerámica feitas por nós, con motivos relacionados coa comarca e as tradicións e, sobre todo, coas pallozas. O lugar resulta pequeno e incómodo (hai que agacharse…) pero quixemos respectar totalmente o espazo conservando as características da súa anterior función.

É unha cerámica totalmente artesanal, pezas de arxila (roxa ou negra), porcelana e gres combinadas con vidro reciclado, que se cocen nun forno tipo “potito”.

Encargos personalizados

Ademais das pezas que permanecen na exposición, recibimos tamén encargos de pezas especiais para eventos, trofeos, agasallos…

Á hora de encargar este tipo de pezas, hai que ter en conta que hai que facelos con moita antelación para poder deseñar e cocer as veces que faga falta e chegar ao resultado esperado.