Percorrido pola Palloza Museo Casa do Sesto

DISTRIBUCIÓN DA PALLOZA

Distribución da palloza

A palloza forma parte dun conxunto arquitectónico típico formado por varias construcións adicadas a usos diferentes e coas que contaban practicamente todas as familias: o palleiro, o horro e o cuarto. En canto ás dimensións, hai unha gran variedade, a nosa ten aproximadamente 200 metros cadrados de superficie. Por ter poucas ventás, a súa iluminación é escasa pero, en troques, mantén constantemente unha temperatura agradable (15º – 18º) tanto no inverno coma no verán. Isto débese tanto aos animais que están dentro como á gran capacidade illante da palla do teito.

Na distribución da planta da palloza podemos atopar trece espazos diferenciados:

  1. O ástrago
  2. A alcoba
  3. A porteleira
  4. A corte das vacas
  5. A cociña
  6. A barra
  7. Cortello 1
  8. Cortello 2
  9. Cortello 3
  10. O forno
  11. Cortello 4
  12. Cortello 5
  13. Cortello 6
Distribución da palloza

Un percorrido pola Casa do Sesto