Piornedo anda é unha iniciativa vinculada á Palloza Museo Casa do Sesto, que organiza rutas guiadas de carácter etnográfico e que ten como finalidade poñer en valor o corazón de Ancares e a súa gran riqueza en canto a fauna, flora, etnografía e cultura. Xurdiu no ano 2018 de man de Lola e Isolina, veciñas de Piornedo.
As rutas de Piornedo Anda realízanse polo monte de Piornedo, que é un monte privado indiviso, dunhas 900 hectáreas divididas en partes proporcionais e propiedade de cada veciño. Na actualidade conta con moitas medidas de protección polo que so se poden facer aproveitamentos tradicionais como o pastoreo ou apañar leña morta, ademais de, por suposto, pasear e desfrutar del.
Piornedo Anda organiza todos os domingos rutas guiadas por sendeiros e camiños antigos, a maioría delas circulares duns 5-7 km, adaptables ás necesidades das persoas que asisten. O seu carácter etnográfico ven dado polas explicacións das guías nativas sobre usos e costumes tradicionais do monte e da vida destes lugares de alta montaña.
podedes atopar información das rutas na páxina de facebook do mesmo nome, que é onde se publican os carteis das rutas de todas as Semanas.
Durante o curso escolar, con Piornedo Anda tamén organizamos actividades para colexios e ANPAS. Estas actividades prográmanse para un día completo con paseos e xogos tradicionais adaptados ás idades das persoas participantes.
Participamos en colaboración coa Cooperativa A Carqueixa en programas como Da escola á Granxa da área de Medio Rural da Deputación de Lugo.
Piornedo anda colabora con asociacións como A custodia do Territorio, a asociación micolóxica Lucus Montes e Vales Orientais, O Teixeiro, etc en actividades de divulgación e posta en valor das potencialidades do territorio.
Piornedo Anda colabora con asociacións como A Custodia do Territorio, a Asociación Micolóxica Lucus, o GDR Montes e Vales Orientais, O Teixeiro, etc. Xunto con estas asociacións programamos actividades de divulgación e posta en valor das potencialidades do territorio.
Rutas etnográficas por Ancares. Duración estimada: 3 horas. Saída: 10 da mañá. Palloza Museo Casa do Sesto. Prezo: 10€/ persoa Contacto: 630411518 / 659523911 Recomendamos levar pantalón largo e botas de montaña. Podes atopar máis información sobre Piornedo Anda aquí.