A barra é un espazo situado encima da corte das vacas, onde se gardaba unha pouca de herba e palla para os animais.
Encima desta herba e palla durmía o resto da familia en xergóns, xa que só hai unha alcoba. Aproveitábase así a calor dos animais. Os derradeiros anos puxéronse camas encima das alcobas, cando as familias xa non eran tan numerosas.